Por moi bo que isto sexa, por moi ben que esté, por moi ben que o pase, por moitos sitios novos e novas xentes isto é diferente. Nin mellor nin peor, pero sí diferente. Estase facendo duro este último més por que:

Non hai unha Uvigo.

Non hai unha biblioteca onde se fai de todo menos estudar, onde pasan cousas xeniais e atopas a persoas inesperadas, que che alegran o día, a vida.

Non hai unha máquina de café que sabe a sola de zapato. 

Non hai un comedor con comida de plástico onde se come de tupper

Tampouco hai tendas de chuches e xeados cada dous pasos. E moito menos hai unha "Marinita" ou un "Picariños"

Non hai un Mulligans nin unha Menta, nin tampouco un Barrallán nin un Piñeiros, nin sequera hai un Glasgow onde ir tomar a primeira copa da noite.

Non hai Noroeste coas mellores patacas bravas do mundo.

Non hai matarratas do Mercadona para ter as peores resacas.

Non hai orquestas nin berbeneo para bailar, saltar e beber ata que che da igual que soe Os panchos ou Lady Gaga.

Non, non hai un Melendi que sona na radio para que "sexa un bo día".

Non hai un Nautico onde rir, saltar, correr, volver a rir para despois chorar.

Non hai croquetas de marisco, nin lubinas o forno, nin tartas de tres chocolates.

Non hai Karkasias que chegan tarde.

Aquí non hai un Riazor. 

Non hai uns blues, nin cantan, nin está o meu asento nin o meu carné, nin o meu corazón, a miña garganta e a miña alma que se queda aí en cada partido.

Por haber non hai nin "Piso shore"

Non hai xogos de xoves pola noite.

Non hai pizzas de 3e.

Non hai arepas pa mis niñas.

E non, non, tampouco hai mimos.

Non hai quen me de mimos por moi pesada que me poña, a quen prepararlle un plato de pasta de resaca ou abrirlle a porta en pixama.

Pero o peor non é iso, o peor é que se o huberá non tería sentido. Por que non pode haber unha Uvigo sen unha Geles que ama mais que nada o seu Son, unha Antia Rubia e unha Antia Morena, para que despois sexan as duas morenas, non hay unha María tola, nin unha Inga, nin unha Grease, tampouco hai unha Emma de Rianxo. 
Da igual que as patacas brabas de aquí sexan mellores, porque Laura non esta para compartilas, nin para as festas, nin para as resacas, nin para ir a de Marinita. E porsuposto Riazor sen ela, non ten absolutamente ningún sentido. Nin para comernos media tarta mentres falamos no coche. Encántasme.
As festas sen os peiteados de Carol non son igual, nin ir a comer unha fajita sen María. Sen Ana, Paula, sen Vane,sen Peiper, sen Beny, sen Lucas e sen Kaka sen todos eles,  Rianxo quedaría vacío, literal e figuradamente.
Este non pode ser un Piso shore, por que non esta nin Ana, nin Iria, nin Sara. Tampouco están as miñas visitas favoritas. Dalia coas suas arepas e Desi e os ovos pintados.
As pizzas, aínda que so custen 3e non saben igual se non se comen en boa compañía ou en Piso shore.
E se hai un náutico, non pode ser sen un Paco para preparar esa lubina e facer que todo saia sempre perfecto, nin sen un Marcos que faga os postres máis ricos do mundo, e a miña carbonara favorita Sen Adri cantando Pichirilo, ou calquera outra cousa. Sen unha carmen, unha Asun, un Josep, nin sequera Damián ou Pilar poden faltar.  Sen unha Tina que se pase o día berrando e protestando, da igual que sexa luns que xoves que sábado. Tampouco está Natali, nin Nilsa para ofrecerme unha copa de cava despois dun longo día. Nin Sandra para asustarme cando esta caladiña fora. Nin me atopo a Lupe fumando cando sáio a tirar o cristal.
Tampouco está Juan, para recordarnos que "non quero unha queixa" "ten que saír todo ben". Sen un Pablo zombi, ou sen unha Gemma para darlle o palique. Nin hai un Tino, non hai ningún outro Tino como él.

E aínda que por algún casual todos os astros, estrelas, planetas, galaxias e todo o demais se aliniasen e todo o isto o tivese aquí. Nada, nada tería sentido sen unha Amanda, coa que rajar de profesores, coa que saborear eses horrendos cafés, coa que estar ata as 3 da maña na biblioteca, coa que comprar kilos de mandarinas antes de facer un traballo. a que preguntarlle todas as noites antes de saír o que me poño, a que me berra por non arreglarme o suficiente, a que me da máis caña que ninguén no curro, coa que vivir mil é unha loucuras, a que fai que o eu mundo non se desmoroe. A conexión entre todo. Non imaxinades o que é ter unha persoa así coa que estás todos os días, coa que vas a clase, coa que te tomas os cafés no descanso, coa que fas os traballos e estudas na biblioteca. Coa que traballas e vas o traballo é dormes con ela despois de traballar, e se non é durmir é saír de festa, pero tamén con ela. Non imaxinades o xenial que é poder ter unha persoa así na túa vida.

E os mimos, pois iso, deixámolo para outro capítulo. Pero sí, ti tamén faltas.




Geles
02/12/2013 02:38

Ahí non haberá unha Geles, pero aqui tamén botamos moitisimo de menos a esa Amamá que chegaba (case sempre) tarde e arrastro, que parecía unha cebola, cunhas camisetas, chaqueta, abrigo azul, bufanda blanca de lana super-extra-larga e guantes. Non se vía nada, era un expectro hasta que sacaba todo o que traía posto e se convertía nunha persona normal. Faltanos a nosa Anamá para mirar as notas dos examenes, para unila aos traballos, nin lle podo mandar traballos por mail con asuntos SUPERMOTIVADORES. Botámosche de menos Ana, moito moito, eu polo menos... Espero verche cando veñas en Navidad...
un beso grande deportivista!!! Animo, que xa pouco queda!!

Reply
Anamá
08/12/2013 04:07

Jajaja encantame o da roupa, é certo parezo sempre unha cebola, pero hai cousas que non cambian sigo facendo!. Os teus asuntos motivadores son igual de extresantes que motivadores jajaja Cantos recordos comprimidos en tan só un ano. Veremonos! avisareiche,,, o mellor é o momento para que coñezas karkasia!!! ;)

Reply



Leave a Reply.